UBICACIÓN

A CORUÑA, UNHA CIUDADE
ATLÁNTICA POR DESCUBRIR

Os nosos apartamentos atópanse na rúa Praza 5-7, en pleno casco antigo da Coruña, e moi próximo aos maiores puntos de interese da cidade. A zona é maiormente peonil e caracterízase por albergar unha gran diversidade de pequeno comercio e oferta hostaleira en torno ao popular Mercado de San Agustín.

O noso clima é de tipo oceánico, con temperaturas suaves e sen grandes diferenzas entre as distintas estacións do ano.

O centro da cidade da Coruña esténdese sobre unha sinuosa península unida por un estreito istmo, polo que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria e a baía.

A Coruña conta cun importante patrimonio histórico, sendo o máis relevante a torre de Hércules, o único e máis antigo faro romano en funcionamento do mundo. Tamén son especialmente singulares o Castelo de San Antón, cuxo fin era defender a cidade dos ataques desde o mar, ou a Colexiata de Santa María del Campo.

O esplendor da cidade prodúcese cara a finais do século  XIX, a medida que adquire importancia o seu tráfico portuario. As características galerías de cristal da Mariña, que son hoxe a postal máis coñecida da cidade, construíronse co fin de protexer a fachada da fronte marítima e permitir a entrada de luz cara á parte principal da vivenda.

Neste momento levántanse tamén nobres edificacións para a puxante burguesía, como é o caso da casa que ocupa  NORO PLAZA Travel Home.

Desde entón, A Coruña creceu absorbendo influencias de estilos internacionais, desde o art noveau ao racionalismo, que hoxe salpican a cidade

Algúns marabillosos exemplos arquitectónicos son o Kiosko Alfonso, a Casa Molina, o edificio do Banco Pastor ou a Casa Arambillet.

A Coruña conta cunha ampla gama de museos e centros de lecer, como son:

  • A Casa do Home (Domus)
  • A Casa das Ciencias
  • O Aquarium Finisterrae
  • O Museo de Belas Artes
  • O Museo Arqueolóxico
  • A Fundación Luís Seoane
  • Casa Museo María Pita
  • A Fundación Abanca
  • O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

Ao formalizar a túa reserva en NORO PRAZA Travel Home, farémosche chegar un PDF de Benvida coas nosas recomendacións culturais e gastronómicas para gozar ao máximo da cidade… e tamén de Galicia!

A NOSA CONTORNA

GALICIA, PERCORRE UN
RADIO DE 80KM

A privilexiada contorna xeográfica da Coruña ofrece innumerables itinerarios para o viaxeiro. Tanto cara ás comarcas do norte, Ferrolterra e Eume -a chamada Costa Ártabra-, como cara ás situadas cara ao sur, Bergantiños e Fisterra -a soada Costa da Morte.

Costa ou interior, Galicia enamora

O viaxeiro pode optar por coñecer a riqueza do seu litoral ao longo dunha sucesión infinita de encantadoras vilas, ou ben perderse por estradas secundarias e gozar asombrosas panorámicas, alcanzar faros, penetrar en frondosas fragas ou descubrir recónditas praias.

As súas numerosas vilas pesqueiras ofrecen ao visitante o seu encanto e gastronomía típica.

Nun escaso radio de 80km, sen dúbida merecen unha visita Sada, Pontedeume, Mugardos, Betanzos, Cedeira, Malpica ou Camariñas, entre outros, sen esquecernos da capital, Santiago de Compostela, Patrimonio da Humanidade.

No noso PDF de Benvida descubrímosche algúns lugares máxicos e singulares que poderás visitar se che apetece, de maneira cómoda, e se o desexas, con guía persoal ou servizo de transfer.

Consulta todos 
os nosos servizos

Máxima seguridade contra Covid-19

Acceso con tecnoloxía móbil

24 horas entre os hóspedes

Protocolos de hixiene e limpeza certificados